En 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países e os seus cidadáns e cidadás adoptasen unha visión compartida e transformadora da sustentabilidade económica, social e ambiental. Refrendada por 193 Estados membros da ONU, a Axenda 2030 compónse de 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e 169 metas, para facer fronte a retos como a pobreza, o cambio climático, a desigualdade ou o deterioro do medio ambiente e o cambio climático, poñendo no centro da acción ao ser humano. Fronte a este reto global, en 2022 a Deputación de Ourense abriu unha oficina para identificar iniciativas que faciliten a implantación dos ODS e as Axendas 2030 nos municipios. O proxecto OU DS Axenda 2030 é froito dos esforzos realizados pola Deputación de Ourense a través desta oficina, impactando a 27 municipios e a cabecera de provincia, na elaboración das súas axendas locais 2030, unha ruta compartida cara á senda de oportunidades, prosperidade e sustentabilidade.
Axenda 2030 Ourense
A Axenda 2030 da Provincia de Ourense inclúe un diagnóstico en profundidade do territorio e da Deputación de Ourense respecto ás metas localizables dentro do mesmo. Preséntase unha avaliación de sustentabilidade que condensa o estado do territorio e da Administración provincial en materia de ODS. Por último, o documento recolle unha Estratexia Provincial de Sustentabilidade que formula a integración da sustentabilidade na xestión provincial mediante a creación dun Plan de Acción específico. Un plan que recolle unha batería de propostas a curto, medio e longo prazo para afrontar os retos necesarios de cara ao cumprimento dos obxectivos programáticos en materia de economía, sociedade e biosfera marcados polas Nacións Unidas.
A Axenda 2030 ofrece en todos os niveis da administración un marco homoxéneo para a planificación do desenvolvemento sostible. No caso dos municipios, a Axenda 2030 local é integradora de varias políticas sectoriais que impulsan o cambio necesario para transversalizar definitivamente aquelas políticas locais que contribúen ao desenvolvemento sostible.
A guía de implantación é un documento que proporciona instrucións detalladas e paso a paso sobre como levar a cabo unha Axenda 2030 a nivel local. O seu propósito é facilitar a correcta execución dunha iniciativa, asegurando que todos os involucrados sigan un enfoque coherente e eficiente. Desenvólvese en 4 fases, co fin de facilitar a comprensión dos datos xurdidos das 18 axendas locais e a consecución da súa implantación.